A Xunta aposta por manter as restricións ante a situación preocupante en UCI
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que hai que seguir mantendo as restricións máximas impostas en todos os municipios de Galicia, previstas ata o próximo 17 de febreiro, ante a "situación francamente preocupante" nas UCI, con 248 pacientes.
Nunha conferencia de prensa para informar dos asuntos tratados na reunión do comité clínico, insistiu en que as vacinas son "a grande esperanza" e informou de que onte, martes, se recibiu a primeira remesa de AstraZeneca, cun total de 11.100 doses, xunto con 19.990 de Pfizer, que se porán "canto antes".
A Xunta aposta por manter restricións ante a situación preocupante en UCI. "Non procede agora mesmo falar de como será a desescalada", di o conselleiro de Sanidade https://t.co/xmxtsH1rbw pic.twitter.com/GMLCBIoJNX
— G24 (@G24Noticias) February 10, 2021
A situación dos contaxios en Galicia mellorou durante a última semana, cunha incidencia acumulada a 7 días que pasou de 336 a 235 casos por cada 100.000 habitantes na última semana, aínda que áreas como a da Coruña segue nos 305, polo que é "insuficiente para falar de contención", advertiu o conselleiro, que insistiu en que hai que seguir mantendo o esforzo para frear a covid-19 na terceira onda.