CRTVG

Buscar

A Xunta aposta pola pesca sustentable para impulsar os produtos do mar

Publicado o 14/09/2021 21:44

Na lonxa de Ribeira pechouse esta tarde o primeiro Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica.

A conselleira Rosa Quintana destacou o valor da gastronomía e da pesca responsable para impulsar o consumo de produtos do mar. Cada ano móvense nas nosas lonxas máis de 150.000 toneladas de produtos mariños. E a nosa acuicultura produce anualmente máis de 250.000 toneladas de mexillón e outras especies.

Por ser motor da economía e tamén fonte de saúde, os expertos participantes animaron a consumir máis peixe.

Noticias web

14/09/2021

Máis sobre Ribeira