CRTVG

Buscar

O sector forestal destaca a idoneidade da Mariña para acoller a factoría de Altri

Publicado o 14/10/2021 14:59

A Mariña ten un gran potencial forestal e nas últimas horas a Xunta confirmou a súa aposta por que se implante alí a multinacional portuguesa Altri.

O proxecto é moi ben recibido na comarca. Representantes do sector forestal destacan que suporía un importante impulso económico e social e que a Mariña é unha localización idónea dado que concentra o 80 % da produción de eucalipto estatal e o 35 % da produción galega.

O proxecto de Altri céntrase en conseguir fibras sintéticas como o lynocel, que se obtén fundamentalmente do eucalipto, por iso a Mariña é un punto estratéxico dada a proximidade á materia prima.

A chegada de Altri suporía máis valor engadido, uns 1.500 empregos directos e máis de 6.000 indirectos.

 

Noticias web

14/10/2021