CRTVG

Buscar

A Xunta aposta pola Eurorrexión con varios proxectos para os fondos europeos de recuperación

Publicado o 29/05/2021 16:49

A Xunta presentou á candidatura española aos fondos europeos NextGeneration varios proxectos na Eurorrexión que buscan impulsar as relacións físicas, sociais, económicas e turísticas entre ambas as beiras do Miño.

O orzamento previsto é de 29 millóns de euros. Así está o proxecto da ponte internacional para peóns e bicicletas entre os parques de Castelinho, en Vilanova da Cerveira, e Fortaleza, en Goián-Tomiño.

Os obxectivos dos fondos de recuperación inciden na transformación ecolóxica e dixital e centran as accións na eurocidade Chaves-Verín e a zona transfronteiriza do Baixo Miño. Proponse a ampliación da ponte internacional da eurocidade Salvaterra-Monção, con carrís peonís e para bicis e recuperar o espazo da Rede Natura 2000 Baixo Miño entre Tomiño e Tui.

Inclúese crear un parque agroindustrial para darlles servizo ás empresas do sector que operan na zona. Levantar un cámping sostible e un anel verde, ademais de modelos de mobilidade entre ambos os lados da fronteira.

Tamén se prevé mellorar a accesibilidade da rede de transporte de viaxeiros e ampliar as comunicacións terrestres da liña Chaves-Verín ata A Gudiña e Ourense para conectar a rede de alta velocidade de España co interior de Portugal.

 

Noticias web

29/05/2021