CRTVG

Buscar

A Xunta apoiou 94 proxectos de emigrantes retornados

Publicado o 15/07/2021 16:23

Raúl é enxeñeiro electrónico, especialista en aplicacións de software embebido, iso que fai que os aparatos se poidan programar ou funcionar por control remoto. Estudou en Vigo e Manchester e levaba sete anos traballado en Alemaña cando sentiu que era tempo de pensar en volver. 
A pandemia complicoulle a mudanza, pero, aínda así, en xullo de 2020 estableceuse en Pontevedra como autónomo. 

Contou de entrada cunha axuda de 5.000 da Secretaría de Emigración da Xunta para proxectos de retornados. Este ano esas axudas amplíanse ata os 800.000 euros para apoiar proxectos de todos os que retornaron desde o ano 2017. Permite incluso que beneficiarios doutros anos poidan pedir unha axuda extra, como fixo Raúl, que recibirá agora outros 3.000 euros. El beneficiarase ademais dunha nova liña de asesoramento, o programa Merlo, que espera que lle axude a levar a cabo o seu soño, un proxecto de mobilidade co que di que aspira a desconxestionar o tráfico urbano. O seu potencial campo de aplicación sería global, pero para el ten un plus poder facelo desde Pontevedra. 

Noticias web

15/07/2021