A Xunta apoiará a industria galega para que poida participar no Plan estratéxico para a recuperación e transformación ecónomica do vehículo eléctrico
Publicado o 27/07/2021 20:59
A Xunta apoiará a industria galega para que poida participar do Plan estratéxico para a recuperación e transformación ecónomica do vehículo eléctrico e conectado. Así o expresou o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, tras a reunión da Mesa Sectorial da Automoción.
Conde pediu que se dean a coñecer canto antes os criterios da convocatoria do PERTE para competir todos en igualdade de condicións e subliñou ademáis que Galicia conta xa coa candidatura AutoAncora para impulsar estes proxectos.