A Xunta anuncia un aumento de capacidade de público nos eventos deportivos
Publicado o 08/09/2021 17:07
A Xunta anuncia un aumento na presenza de público nos eventos deportivos.
A partir deste sábado nos recintos ao aire libre a ocupación será do sesenta por cento. Nos espazos pechados haberá unha ocupación do corenta por cento.
Por exemplo, xogan na casa o Rácing, o Coruxo, o Arenteiro e o Bergantiños. E hai final o domingo en Vilagarcía no Torneo Encestarrías co Obradoiro e o Breogán.