A Xunta anuncia novas medidas contra a violencia machista
Galicia, lembra a Xunta, é a única comunidade que tiña e ten axudas económicas directas para as vítimas.
O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero axudou a reforzar medidas como as axudas ao alugueiro e para poñer en marcha outras como o apoio integal a menores orfos por violencia machista, apoio económico e social a vítimas gravemente feridas ou quendas de garda psicolóxica para mulleres maltratadas. O presidente da Xunta avanza novas iniciativas.
"Imos crear un plan estratéxico para a plena comunicación entre administracións, novos centros de acollida, impulsar a formación de profesionais, traballo cos menores agresores e medidas para loitar contra todas as formas de violencia á muller", explicou.
Feijóo tamén anunciou que van duplicar ata os 5 millóns de euros as axudas aos concellos que queiran poñer en marcha programas de integración da poboación xitana, inmigrante ou en risco de exclusión social.