A Xunta anuncia axudas de ata 7.000 euros para a hostalería
Segundo explicou Feijóo, e a falta do que negocie a Xunta nunha mesa co sector da hostalería anunciada para as próximas horas, o abano de axudas irá dos 2.200 euros no caso, por exemplo, do dono dun bar sen empregados, ata máis de sete mil para o dun restaurante con varios traballadores. A medida beneficiará todos os establecementos afectados pola pandemia, non só os obrigados a pechar agora.
"Quedarían 1.200 euros por complemento á prestación por cesamento de actividade do Estado e 4.000 máis no caso de ter empregados, ter estado en ERTE nalgún momento e unha baixada de facturación de máis do 50%", detallou.
A estas contías sumaríanselles outros mil euros máis ao mes que recibirán os locais que deben baixar a persiana en novembro, ou xa en outubro no caso de Ourense. Feijóo pídelle ao Goberno que apoie o sector reducindo o IVE turístico ao 4% e os concellos que os bonifiquen ou elimenen taxas este ano.
"Se todos sumamos botariamos unha man a donos de establecementos que non responsables (da situación actual) na inmensa maioría dos casos porque estaban cumprindo os parámetros que esixía a pandemia", defendeu o presidente.
As axudas da Xunta aprobaranse este mes e tramitaranse en función da orde de solicitude.