CRTVG

Buscar

A Xunta anuncia 63 novas casas do maior e un bono para promover o turismo interno

Publicado o 11/03/2021 19:17

A iniciativa de crear casas nas aldeas onde os maiores, ata un máximo de cinco, son atendidos de balde por un profesional funciona, di a Xunta, que anuncia que van sumar 63 ás 20 que xa están en marcha. A partir de agora calquera concello, non só os de menos de 5.000 habitantes, pode solicitar unha ou máis casas do maior, sempre que non teñan centro de día ou servizo semellante. "O obxectivo é garantir que cada galego poida decicir onde se fai maior", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

O Consello da Xunta tamén aprobou un bono para promover o turismo dentro de Galicia. Haberá tres: de 250, 375 e 500 euros para gastar nos establecementos que se adhiran a este plan. A Xunta financiará o sesenta por cento dos gastos. Poderán pedilo todos os maiores de idade empadroados na comunidade e daranse por orde de solicitude. O prazo abre en abril.

Noticias web

11/03/2021