A Xunta amplía tres meses o prazo para executar as expropiacións para o hospital de Montecelo
Publicado o 19/02/2020 19:33

Balón de osíxeno para os afectados polas expropiacións das obras do hospital Gran Montecelo, en Pontevedra. A Xunta amplía tres meses o prazo para que abandonen as vivendas.
En principio estaba previsto para a semana que vén, pero, tras a reunión dos afectados co vicepresidente da Xunta, poderán permanecer nas súas casas ata o 15 de xuño. Alfonso Rueda dixo que isto non influirá nos tempos da obra de ampliación do hospital que comezará no segundo semestre do ano, tal e como estaba previsto.