A Xunta amplía as reunións en ámbitos públicos e privados e elimina o límite nocturno
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores que tras a reunión do comité clínico deste martes, a Xunta acordou aumentar o número de persoas que poden xuntarse tanto en ámbitos públicos como privados.
"Un incremento do número de persoas que poderán compartir mesa e mantel nun restaurante ou nunha cafetería, pasando de seis a oito en interiores e de dez a quince en exteriores", explicou Feijóo. A medida, segundo confirma a Consellería de Sanidade, entrará en vigor a partir do sábado, e non afecta só á hostalería, senón a todo tipo de xuntanzas tamén están limitadas.
O presidente da Xunta tamén dixo que "deben decaer as limitacións que existían para a circulación e reunión de persoas a partir das tres da mañá".
Polo tanto, a partir da medianoite do venres xa non haberá restrición para a circulación de dúas ou máis persoas non convivintes, entre as 3 e as 6 da madrugada, e amplíanse esas cotas para as reunións.