CRTVG

Buscar

A Xunta agradece as propostas dos hostaleiros e condiciona a desescalada á evolución sanitaria

Publicado o 25/11/2020 14:46

A Xunta agradece as propostas dos hostaleiros, que serán estudadas polo comité clínico. Alfonso Rueda di que a desescalada estará condicionada pola evolución sanitaria.

"Todos queremos volver á normalidade canto antes. Que estes profesionais poidan traballar e, polo tanto, está ben traballar nesas propostas e acompasalas cunha chamada á prudencia total. Sempre tendo moi presente que a situación sanitaria e as garantías e prevencións que hai que adoptar mandan por riba de calquera outra cousa", di o vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo.

 

Noticias web

25/11/2020