CRTVG

Buscar

A Xunta agradece a rectificación da Deputación de Pontevedra, que non subirá o soldo da corporación

Publicado o 19/11/2020 14:05

Finalmente a Deputación de Pontevedra non subirá o soldo da corporación o próximo ano. A institución provincial, gobernada por PSOE e BNG, retira dos seus orzamentos o incremento salarial do 0,9% que recollen os presupostos xerais do Estado.

A decisión prodúcese vinte e catro horas despois de que os deputados populares criticaran a suba en plena pandemia do coronavirus. Dende a Xunta agradecen o xesto, pero pídenlle que tamén rectifiquen ao asegurar públicamente que as axudas aos sectores máis castigados pola pandemia non son competencia da Deputación.

Noticias web

19/11/2020