CRTVG

Buscar

A Xunta adxudica as obras da estación de buses integrada na intermodal de Vigo

Publicado o 30/05/2019 22:27

A Xunta acaba de adxudicar as obras da estación de autobuses intermodal, que estará lista 18 meses despois do inicio dos traballos.

Luz verde ás obras da estación intermodal de autobuses en Vigo. A xunta adxudicounas cun investimento de 12 millóns e medio de euros e un prazo de execución de 18 meses dende o inicio da obra. O contrato, adxudicado a unha unión temporal de empresas, inclúe a nova estación de autobuses e parte dos accesos, ademais de dous túneles que enlazan coa mesma.

Todas as actuacións se enmarcan no conxunto da intermodal planificada na rúa Urzáiz, que inclúe a estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo. Unhas obras en que participan de forma coordinada a Xunta, o concello de Vigo e ADIF. Ademais, a nova estación intermodal conta con financiamento dos fondos Feder.

Dende a Consellería de Infraestruturas sinalan que o proxecto se tramitou ao amparo da lei para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

 

Noticias web

30/05/2019