CRTVG

Buscar

A Xunta advírtelle a Bruxelas que a redución de cotas en pescada e xurelo tería un impacto de 37 millóns

Publicado o 29/11/2019 20:26

Rosa Quintana reuniuse co director xeral de Pesca da Comisión Europea para trasladarlle o que suporía para Galicia que se levasen adiante os recortes propostos pola comisión nas cotas de pescada e xurelo.

A conselleira do Mar advertiu que aplicar eses recortes de ata un 20%  na pescada e dun 48% no xurelo tería un impacto negativo de case 37 millóns de euros.

Ademais a titular galega de Pesca presentou catro informes científicos que avalarían as posibilidades de mesmo aumentar esas cotas.

A pescada e o xurelo son dúas especies fundamentais no sector pesqueiro galego. Os recortes das cotas propostos para estas especies pola Comisión Europea afectarían uns 3.600 tripulantes. Así llo transmitiu a conselleira do Mar ao director xeral de Pesca europeo ao tempo que presentou catro informes técnicos coa situación dos stocks destas especies, que, segundo apuntou, mesmo avalarían o aumento das cotas actuais.

Quintana insisitiu na necesidade de ter en conta non só os aspectos medioambientais, senon tamén socioeconómicos á hora de fixar as cotas o vindeiro mes de decembro no Consello da Pesca que se celebrará en Bruxelas.

Noticias web

29/11/2019