CRTVG

Buscar

A Xunta adianta 26 millóns do superávit para investir en centros educativos

Publicado o 02/05/2019 17:26

A Xunta activa o mecanismo para poder gastar este mesmo verán, sen autorización do Executivo central, o superávit do ano pasado. Dos 130 millóns, 22 irán a sanidade e haberá tamén 48 millóns para investimentos.

Hoxe o Consello aprobaba o mecanismo que permitirá licitar as primeiras obras: melloras en centros de ensino público e actuacións no medio rural.

 

Noticias web

02/05/2019