A Xunta ábrelle un expediente sancionador ao Fuenlabrada
Publicado o 30/07/2020 15:48
No Consello da Xunta tamén se analizou o gromo do Fuenlabrada. Alberto Núñez Feijóo anunciou que Sanidade xa pechou o expediente informativo que abriu a semana pasada sobre este caso.
O Goberno galego abrirá un procedemento sancionador por incumprimento do protocolo sanitario.
Sinalan como responsables o equipo Fuenlabrada e a Liga de fútbol profesional.