CRTVG

Buscar

A Xunta investiu 10,5 millóns na mellora dos accesos xacobeos a Santiago

Publicado o 24/02/2021 14:22

Antes de xullo estarán rematadas as obras de mellora nos tramos finais dos camiños xacobeos, segundo a Xunta.

Os conselleiros da Presidencia e de Infraestruturas percorreron hoxe a pasarela peonil que enlaza o Monte do Gozo con San Lázaro, onde o Camiño Francés entra en Santiago. Segundo dixeron, a Administración autonómica remodelou este acceso e mais os dos camiños Inglés e Portugués para mellorar a súa integración paisaxística e para facer a chegada a Compostela máis segura, cómoda e habitable.

"A nosa previsión é que antes do verán, despois dun ivestimento de 10,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, esta imaxe renovada de Santiago estea á disposición non só dos peregrinos, dos camiñantes, senón tamén dos veciños, cun espazo máis amable, máis seguro e cunha linguaxe única que se identifique e sexa a imaxe de Santiago, que é a referencia e o destino final do Camiño", dixo a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Noticias web

24/02/2021