A xuíza trata de esclarecer a relación entre o viúvo da vítima e o presunto asasino da veciña de Oza-Cesuras
Todas as testemuñas chamadas a declarar acudiron ao xulgado nº 2 de Betanzos, que dirixe a investigación sobre o crime da veciña de Oza-Cesuras asasinada o pasado 15 de xaneiro na súa casa. A xuíza escoitoi ao viúvo da vítima e tamén a veciños e compañeiros de traballo tanto do viúvo como do presunto asasino.
As dilixencias están a ser reservadas polo que non transcendeu nada do que se dixo no interior da sala pola que tamén pasou o dono da pistola empregada no crime, un policía xubilado que ante a Garda Civil declarou que lle foi subtraída.
O único detido permanece en prisión provisional no cárcere de Teixeiro acusado dun presunto delito de asasinato e tenencia ilícita de armas.
Co avance da instrución os investigadores agardan poder dar resposta as actuais interrogantes deste caso.