A xuíza que leva o caso da residencia clausurada na Fonsagrada ve indicios de maltrato habitual
Publicado o 17/04/2020 18:35
Continúa a instrución do caso da residencia de anciáns clausurada pola Xunta na Fonsagrada.
Logo de tomarlles declaración a catro testemuñas e a sete investigados, entre eles os responsables e os profesionais do centro, a xuíza determinará se houbo maltrato habitual e continuado aos residentes. A maxistrada tamén indaga se se produciu un delito contra os dereitos dos traballadores das instalacións da Pobra de Burón, onde residían 29 anciáns malia contar con só 23 prazas.