A xuíza Pilar de Lara, suspendida das súas funcións durante sete meses
Publicado o 28/03/2019 15:09

A xuíza Pilar de Lara terá que deixar o xulgado de Lugo. A Comisión Disciplinaria sancionouna con sete meses e un día de suspensión de funcións por unha falta moi grave de desatención no exercicio das súas competencias xudiciais. Á maxistrada abríraselle un expediente por atrasos inxustificados na instrución das causas penais e por abuso procesual.
Pilar de Lara ten agora un mes para recorrer a sanción, que se executará unha vez se esgote a vía administrativa.
A maxistrada é a instrutora dalgunhas das principais causas xudiciais na cidade, como a operación Pokemon, a Carioca ou o Garañón.