CRTVG

Buscar

A xuíza mantén en prisión a dous acusados da violación grupal de Bilbao

Publicado o 07/08/2019 17:51
A xuíza mantén en prisión a dous acusados da violación grupal de Bilbao

A titular do Xulgado de Instrución número catro de Bilbao, que se fixo cargo da investigación iniciada polo xulgado de garda, decidiu manter en prisión a dous dos detidos pola agresión sexual grupal a unha moza en Bilbao o pasado 2 de agosto.

A instrutora do caso, tras tomar declaración aos dous investigados, subscribiu a acta de ratificación de prisión para os dous detidos, decretada a pasada fin de semana pola xuíza de garda, que deixou en liberdade con cargos aos outros catro arrestados, todos eles alxerinos, quen deberá seguir presentándose a diario no xulgado, segundo fontes xurídicas.

A decisión de deixar en liberdade con cargos e con medidas cautelares a estes catro detidos foi adoptada pola xuíza ao existir dúbidas obre a súa participación nos feitos, xa que a vítima non puido identificarlos. 

Noticias web

07/08/2019