CRTVG

Buscar

A xuíza envía a prisión un garda civil por presuntos abusos a menores en Huesca

Publicado o 24/05/2019 19:10

Un axente da garda civil que daba clases de inglés en dous colexios de Barbastro, en Huesca, ingresou en prisión por abuso de menores. O detido ten 48 anos e estaba destinado no posto da Garda Civil de Monzón. O home foi detido mentres daba clases de inglés como actividade extraescolar, cousa que facía desde hai anos. A dirección do centro xa lle comunicou ás familias os feitos. A maxistrada de Barbastro decretou a prisión comunicada e sen fianza como presunto responsable dun delito de abusos de menores e tamén o segredo do sumario.

"Asinei o cese en funcións e vaise solicitar que pase á situación de 'non dispoñible', que se lle suspenda en funcións que é competencia do Ministerio de Defensa e o cese en destino que, se o considera así, farao o de Interior"

Noticias web

24/05/2019