A xuíza Pilar de Lara investiga a adxudicación de contratos do Concello de Lugo
Publicado o 30/01/2019 16:50
A xuíza Pilar de Lara pídelle ao Concello de Lugo informes sobre a adxudicación de sete contratos municipais que seguen vixentes pero están caducados. A xuíza inicia así a investigación sobre estes contratos a raíz da denuncia presentada en setembro polo voceiro municipal do Partido Popular. Os populares manifestaron que recorreron á vía xudicial tras esgotaren as vías administrativa e política. Denuncian que polo menos hai uns 20 contratos en situación irregular, algúns dende o goberno de José López Orozco. Pilar de Lara investiga un presunto delito de prevaricación.