A xuíza chama a declarar de novo dúas testemuñas do caso Déborah Fernández
Publicado o 04/11/2020 14:56
Segue avanzando a causa xudicial sobre a morte de Déborah Fernández. A xuíza chama a declarar de novo dúas das testemuñas. Quere concretar algúns aspectos deses testemuños e aclarar posibles contradicións.
Dende a reapertura da causa, en novembro de 2019, unha quincena de persoas pasaron polos xulgados de Tui. O obxectivo era dar luz sobre as últimas horas de Déborah, que desaparecera o 30 de abril de 2002, e cuxo cadáver fora localizado 10 días despois nunha cuneta no Rosal.
O vindeiro 17 de novembro terán lugar as novas declaracións sobre o caso.