A xornalista Alba Mancebo recolle o premio á mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas
Publicado o 31/05/2019 16:41
A nosa compañeira Alba Mancebo, do departamento de Contidos Dixitais da CRTVG, acaba de recoller o premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Talent on Screen) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.
É a segunda vez que a CRTVG logra un premio de CIRCOM, despois do que obtivo a serie Matalobos en 2012. Desde aquela, esta casa logrou tamén dúas mencións especiais do xurado.
Alba Mancebo recolleu o premio na conferencia anual de CIRCOM que se desenvolve en Novi Sad (Serbia).