A xestión da crise sanitaria e económica, prioridades para o PPdeG no inicio da lexislatura
Publicado o 10/08/2020 15:14
O grupo Parlamentario Popular arranca a undécima lexislatura cun reto claro: traballar na xestión da pandemia sanitaria e na recuperación económica. Pedro Puy dixo que será unha lexislatura complexa pero tamén intensa pola cantidade de leis que están pendentes de tramitación como a lei de impulso demográfico, a lei de residuos ou a lei de acción exterior, entre outras.