A xente que viaxa para pasar o Nadal coa familia opta por quedar nun hotel
Fillos que veñen para estar cos pais, pais que veñen ver aos fillos ou avós que queren encontrarse cos netos son os perfís dos que teñen que viaxar para estar estes días cos seus, pero que optan polo hotel para limitar os contactos no Nadal das restricións
"E algo que xa pasaba todos os anos pero este ano quizais pasa un pouquiño máis e nós estamposo contentos xa que, dentro do que cabe, segue habendo algo de reservas neste sentido. Non é que vaia salvar a temporada nin moito menos porque a nivel de ocupación é como o ano pasado máis ou menos pero estamos contentos de que se manteñan estas tradicións de comidas e ceas familiares", di Raquel Silva.
Este hotel ten 20 habitacións e para estes días a ocupación está entre o 30 e o 35%
"Nós agora neste hotel que temos na Coruña, como nos hoteis que temos na zona que sería Ferrol, Sada e Oleiros, máis ou menos hoxe estamos ao 35% e mañá ao 30. Cae un pouquiño, lixeiramente con respecto ao ano pasado", sinala Raquel Silva.
De cara ao fin de ano, din que os pechs perimetrais, que van cambiando cos días,provoca que os posibles clientes non reserven ata o último momento.