'A voz do presente', de Carvalho Calero, no Auditorio de Galicia
Publicado o 02/12/2020 22:06
Ricardo Carvalho Calero é o protagonista dunha exposición que acolle o Auditorio de Galicia en Santiago. Baixo o título A voz do presente, percorremos cos seus escritos, entrevistas e gravacións a súa traxectoria, poñendo en valor o legado desta figura tan importante da nosa cultura.
A mostra percorre a dimensión artística, humana e lingüística do autor, ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas.