CRTVG

Buscar

A Volta chega a Galicia e remata hoxe nunha crono no Ézaro. Veloso foi o único galego que o subiu na Volta do 2012

Publicado o 02/11/2020 14:28

Gustavo César Veloso é o único galego que subiu o Ézaro na Volta a España. foi no 2012

Aquela foi unha etapa longa, con saída en Vilagarcía. Nada que ver con esta, unha contra o reloxo de trinta e tres quilómetros e medio, que parte de Muros.

Etapa curta con terreo para especialistas, desenlace para escaladores, con ramplas do 30% e a posibilidade de cambiar de bicicleta entre os dous tramos.

Veloso teno claro que el non cambiaría de bicicleta.

Quen queira gañar a Volta deberá superar con éxito o exame do Ézaro.

 

Noticias web

02/11/2020