A volta ao cole no aire nun colexio e Mos, polos posibles casos de positivos entre o profesorado
Mañá os alumnos de secundaria e bacharelato deste colexio de Mos non poderán comezar o curso como estaba previsto. A súa volta ás aulas de xeito presencial deberá atrasarse uns días. A razón son os vinte posibles casos positivos en covid-19 detectados entre os traballadores do centro que se someteron o venres a probas serolóxicas rápidas co obxectivo de garantir unha volta ao cole segura.
A dirección do colexio decidu pospoñer o inicio de curso ata que todos estes casos sospeitosos sexan verificados mediante probas PCR. O centro comunciou nas ultimas horas que a metade deles xa deron negativo e agardan recibir o resto dos resultados ao longo desta xornada.
Unha vez estea garantida a seguridade de toda a comunidade educativa, o colexio inciará as clases presenciais que para infantil e primaria tiñan previsto comezar o martes. Porén, en caso de non o poderen facer, aseguran estar preparados para recuperar o formato de formación en liña. Os traballadores do centro están en corentena preventiva e mañá procederase á desinfección de todas as instalacións do centro nas que o equipo docente mantivo diferentes reunións dende o un de setembro.