CRTVG

Buscar

A Volta a Galicia profesional regresará en febreiro de 2022

Publicado o 07/09/2021 15:49

Apunten o final de mes de febreiro de 2022. Haberá unha volta por etapas en Galicia a nivel profesional. Non todos os anos a Volta a España pode estar na nosa comunidade e un proxecto que está a punto de cristalizar ocuparía ese lugar para desfrute da afección galega.

Serían catro etapas, unha etapa en cada provincia. Os diferentes camiños que conducen a Compostela ocuparían os percorridos. Protagonismo para as catro provincias que unirán as súas vontades co fin de seguir mostrando ao mundo as excelencias do país. Non terá a denominación de Volta a Galicia profesional. O proxecto terá un nome diferente e contará coa participación dos mellores equipos do Uci Pro Tour.

 

Noticias web

07/09/2021