A Volta a España do 2021 podería ter 3 ou 4 etapas en Galicia e rematar en Santiago coma en 2014
Publicado o 05/11/2020 13:23

A Volta a España do próximo ano podería ter 3 ou 4 etapas en Galicia. Ademais, estase traballando para poida finalizar en Santiago de Compostela, con motivo do ano santo. Sería un final semellante ao da Volta de 2014, que sendo tamén ano santo, rematara na praza do Obradoiro co triunfo de Alberto Contador.