A voda do 'pirata Sparrow' en Vigo que non se celebrou por mor da súa vestimenta
Eran as súas palabras e a súa ledicia minutos antes de casar nos xulgados de Vigo.
Ese proxecto volveu truncarse, xa que este venres non houbo voda. Os motivos, segundo nos contan Berto e María, era a súa vestimenta. Ela ía co traxe tradicional galego, el co do pirata Jack Sparrow, o seu alter ego, co que visitou o campo de refuxiados de Idomeni e como o coñecen os seus fillos. Uns traxes de voda poucos habituais pero que, segundo nos din, non eran disfraces.
Denuncian o trato que recibiron, tras escoitaren a negativa á porta dos xulgados por parte dunha funcionaria e sen ser recibidos pola xuíza que os ía casar.
Este domingo volveron aos xulgados de Vigo para poñer unha denuncia por estes feitos. Mañá mesmo comezarán novamente os trámites para a súa voda. E queren facelo neste mesmo lugar e vestidos cos traxes cos que máis se identifican e deron vida ao seu proxecto solidario.