A 'viúva negra' de Alacante sae do cárcere para reconstruír o crime
Luns 28 de agosto de 2018. José Luis, de 69 anos, atopa a morte nun soar ao carón do mar no barrio alacantino da Albufereta. Unha axente da Policía Nacional, neses momentos fóra de servizo, é testemuña de como dúas persoas reducen unha terceira e lle cravan varias veces un desaparafusador.
Segundo un responsable da Policía Nacional: "Ao ser un lugar de acceso non doado, chamou inmediatamente á sala do 091 para solicitar apoio policial. Mentres acodían os reforzos ela baixou agredindo un dos autores e intentou asistir a vítima, mais non puido facer nada por salvalo".
Os acusados: Concepción Martín Velasco, esposa do falecido, e o seu cómplice e amante, Francisco.
O móbil, aínda sen clarificar, mais fontes policiais apuntan a unha suposta situación de matrimonio de conveniencia entre vítima e acusada, que esta decidiu rematar apenas dúas semanas despois da voda.
Esta noite a policía reconstrúe o crime no mesmo lugar, aproveitando que se dan as mesmas condicións lumínicas e ambientais. Conchi, de 45 anos, abandonará a provisional para estar presente. A dúbida é se acudirá na cadeira de rodas que asegura que necesita por unha suposta incapacidade, que os investigadores desmenten. No momento da detención, os axentes de policía atopárona de pé.