CRTVG

Buscar

A vila de Muros achégase ao milleiro de casos por cada 100.000 habitantes

Publicado o 01/08/2021 17:11

O concello de Muros comeza agosto no nivel máximo. As autoridades locais piden precaución. A alcaldesa publicou un bando en que lembra as restricións establecidas neste chanzo. A principal novidade é que os bares e restaurantes só poden abrir o interior ao 30 % con certificado de inmunidade obrigatorio. 

A vila atópase en tempada alta. Os datos epidemiolóxicos non axudan. O tempo tampouco. O ambiente é parecido ao de anos anteriores. Nótase unha baixada no número de visitantes de paso, pero o turismo habitual mantense fiel.

A incidencia acumulada a catorce días segue en ascenso e sitúase nos 982 casos por 100.000 habitantes. Os contaxios comezaron a dispararse co inicio da época estival. Hai que ter en conta que o municipio recibe un gran número de veraneantes.

No último cribado participaron 600 persoas, o 55 % das citadas. Detectáronse catro positivos. As autoridades locais lembran que a xente procedente doutros territorios debe rexistrarse na páxina do Servizo Galego de Saúde.

Noticias web

01/08/2021