CRTVG

Buscar

A vía da Prata aspira a ser Patrimonio da Humanidade

Publicado o 13/12/2019 15:48

Un dos acordos é propoñerlle ao Goberno central un plan nacional para os camiños de Santiago. Outro, que Galicia e Andalucía se sumen ao impulso da candidatura da Vía da Prata a Patrimonio da Humanidade. As catro comunidades destacan o consenso acadado entre gobernos de tres partidos distintos.

"Queremos usar a nosa Historia para unir, non para desunir; non para crear fronteiras, senón como un elemento integrador e dinamizador da España interior nun momento demograficamente complicado", asegurou Javier Ortega, o conselleiro de Culttura e Turismo de Castela e León.

Alberto Núñez Feijóo defendeu que o estado das autonomías funciona axeitadamente e que fixo posible que as distintas identidades sumen.

"Somos pobos marcados polos camiños, que estamos afeitos a recibir xente e que queremos seguir unidos, porque levamos unidos tanto tempo que nin lembramos, agás polos libros de Historia, de cando estabamos desunidos", afirmou o presidente da Xunta.

Os catro gobernos acordaron tamén traballar xuntos na promoción da Vía da Prata.
 



 

Noticias web

13/12/2019