A vendima deixa paso á recollida das olivas nunha adega de Tomiño
Finalizou a vendima nesta parcela de cen hectáreas dunha adega de Tomiño, pero o traballo non cesa. Estes días comezaron coa recollida da oliva, onde os viñedos conviven con 500 oliveiras.
Estímase unha produción superior á de hai dous anos. Das mans destes oito operarios sairán máis de 1.500 quilos de oliva para dar vida a un aceite exclusivo propio das Rías Baixas. Aquí a climatoloxía é un grande aliado.
A colleita deste ano chegará aos mercados nunhas 500 botellas coma estas. A súa comercialización é, de momento, a través da súa páxina web e en puntos de venda gourmet. O seu proceso de elaboración é totalmente ecolóxico.
Agora traballan nun novo proxecto que se dedicará en exclusiva a oliva con novos terreos para unha maior produción. O obxectivo, a internacionalización dun produto exclusivo desta zona de Tomiño.