A vendima adiántase este ano, con boas perspectivas de recollida de uva
Publicado o 03/08/2020 14:05
A vendima vén, este ano, adiantada. A previsión é a de iniciala na última semana de agosto e primeira de setembro. Este adianto non só se produce nas Rías Baixas, tamén nas outras catro denominacións de orixe.
A climatoloxía marca nesta ocasión a gran cita do agro galego. A uva necesita un pouco de chuvia para que acade a maduración perfecta.
A pandemia sanitaria tamén fixa as regras de recolección. Serán milleiros os temporeiros que se dan cita nos viñedos. As bodegas deseñan o protocolo sanitario con test anti-covid, máscaras e distancia.
O Consello Regulador das Rías Baixas conta con 180 adegas e 6.000 viticultores.