CRTVG

Buscar

A venda en liña de Inditex crece un 95 por cento no mes de abril

Publicado o 14/07/2020 14:49
A venda en liña de Inditex crece un 95 por cento no mes de abril

Inditex aínda ten pechados o seis por cento dos seus establecementos no mundo, debido á crise da covid-19.

Mentres, a venda en liña disparouse un 95 por cento en abril. Así o recoñeu o presidente do grupo téxtil durante a xunta de accionistas celebrada hoxe, en que se aprobaron as contas do 2019, cunha repartición dun dividendo do 0,35 euros por acción, un corenta por cento menos que o ano anterior. Aínda así Pablo Isla destacou a solidez do exercicio.

Noticias web

14/07/2020