CRTVG

Buscar

A venda do percebe agarda ata as vésperas das festas

Publicado o 17/12/2020 14:52

Percebes no mercado hai, pero non moitos, porque din aínda non é o seu momento forte. O que hai anda sobre os 45 euros na praza de abastos de Compostela.

É un produto que non entra en todos os menús, por un factor decisivo, o prezo, que nestas datas pode ser o dobre ou máis do que custa nos momentos de menos demanda.

Os que buscan alternativas algo menos caprichosas, tiran polo marisco de pata ou de cuncha. Hai centola extra femia a 29,95 euros, e a pequena a 19,95, por exemplo.

Os compradores din polo momento os prezos están na tónica doutros anos, e os vendedores que se notan moito as restricións que impón a pandemia. 

Noticias web

17/12/2020