A venda de tabaco cae un 8% en plena pandemia
Publicado o 02/11/2020 21:15

A pandemia tamén está a afectar o negocio do tabaco. A venda de cigarros baixou máis dun 8% durante os primeiros nove meses do ano.
Fontes do sector apuntan ao peche do ocio nocturno, ás limitacións na hostalería e á falla de turismo como principais factores que explican esta diminución.
Por comunidades, as Baleares encabeza o descenso, que superou o 38%, seguida da Comunidade Valenciana e Navarra.