A venda de coches de ocasión cómelle mercado aos vehículos novos
Publicado o 12/10/2021 15:01
En toda España, no mes de setembro vendéronse case tres coches usados por cada un novo. En Pontevedra, unha familia busca un vehículo con poucos quilómetros e a bo prezo. E acabaron mercando o coche. Desde o venres, vendéronse máis de setenta vehículos no Salón de Ocasión da cidade.
Os coches máis económicos nos chegan aos catro mil euros. Entre os máis caros hai un de trescentos mil e outro de case cen mil euros.
No que vai de ano, as vendas de coches seminovos aumentaron con respecto á parada do ano pasado.
Os modelos máis vendidos son os que teñen entre cinco e oito anos de uso. Máis de cinco mil persoas pasaron pola Feira Pontemóbil de coches de ocasión, a primeira cita coa venda de coches seminovos desde que comezou a pandemia.