CRTVG

Buscar

A veciñanza de Vilanova dos Infantes decora o seu Nadal

Publicado o 11/12/2020 21:17

A colaboración e o traballo en común de toda a veciñanza transformou Vilanova dos Infantes nunha vila de conto. E todo está feito coas súa mans.

Unha das incorporacións deste ano é este Belén feito por unha veciña , e o que non lle falta detalle, tamén o virus e os equipos médicos Outros dos elementos máis chamativos son as dúas coroas na súa torre con máis de 10.000 luces led.
Pequenos e maiores están implicados e a asociación de veciños vailles repartir a todos estes agasallos que fixeron no centro de discapacidade da Mancomunidade Terras de Celenova, e que levarán a felicitación especial dos maiores da residencia San Carlos.

Cos traballos a piques de rematar mañá a partir das seis e media da tarde inauguraran o seu Nadal.
 

Noticias web

11/12/2020