CRTVG

Buscar

A variante delta obriga o Reino Unido a atrasar a fin das restricións

Publicado o 14/06/2021 15:06

O temor á variante delta obriga o Reino Unido a atrasar o levantamento das restricións. Os medios británicos xa dan por feita esta decisión, que previsiblemente anunciará esta tarde o primeiro ministro en conferencia de prensa tras participar no cumio da OTAN.

A rápida expansión da variante delta, que xa é a causante do 96 por cento dos casos no Reino Unido, vai levar o Goberno de Boris Johnson a atrasar a volta á nova normalidade. O levantamento de restricións, previsto para o próximo día 21, adiarase unhas catro semanas, ata o 19 de xullo, aproximadamente.

O 55 por cento da poboación adulta xa está inmunizada, pero os expertos advirten de que o desconfinamento podería levar o Reino Unido a niveis de contaxio comparables aos de xaneiro, cando se impuxeron as restricións.

Noticias web

14/06/2021