A variante británica supón xa máis do 80 por cento dos casos de covid-19 en Galicia
Detrás do aumento dos contaxios está a variante británica, que xa é a predominante en Galicia. Calcúlase que supón xa máis do 80 por cento dos casos de coronavirus no país.
As probas de secuenciación do xenoma son as que permiten identificar a variante. Os servizos de microbioloxía que realizan o proceso constatan que a variante británica é maioritaria na nosa comunidade. Os expertos falan do seu poder de transmisión.
Moi pendentes están as autoridades sanitarias, xa que a evolución da pandemia depende desta variante, moito máis contaxiosa.
Respecto á vacina, a mensaxe é tranquilizadora, xa que xeran anticorpos con capacidade para bloquear a variante inglesa.
A variante xurdiu o outono pasado no Reino Unido e axiña se propagou por todos os países de Europa. Os expertos falan dunha relación directa entre esta variante e a repunta nos contaxios.