CRTVG

Buscar

A Valedora do Pobo inicia actuacións no caso do asasinato de Diego Bello nas Filipinas

Publicado o 10/10/2020 10:59
A Valedora do Pobo inicia actuacións no caso do asasinato de Diego Bello nas Filipinas

A Valedora pediulle ao Defensor do Pobo a aplicación da protección da cidadanía española no exterior no caso do asasinato nas Filipinas deste mozo coruñés. Hai dous días, a Valedora mantivo unha xuntanza cos pais e outros membros da familia de Diego Bello e nesa reunión comprometeuse a colaborar en todo o que puidese.

A Valedora atende o informe da Comisión de Dereitos Humanos das Filipinas no sentido de que o caso de Diego Bello foi unha violación de dereitos humanos da que resultou a morte dunha persoa.