CRTVG

Buscar

A variante delta do coronavirus está xa detrás do 55 % dos novos contaxios en Portugal

Publicado o 30/06/2021 14:21
A variante delta do coronavirus está xa detrás do 55 % dos novos contaxios en Portugal

A variante delta do coronavirus sacode con forza Portugal e xa está detrás do 55 por cento dos novos contaxios que se rexistran no pais.

Este martes detectáronse máis de 1.700 novos contaxios e seis falecidos, con especial incidencia en Lisboa, O Algarve e o Val do Texo.

As autoridades non agochan a súa preocupación por esta cuarta onda da pandemia e a ministra de Sanidade admite que a situación vaise complicar máis antes de que se rexistre unha melloría. 

Nos centros de vacinación portugueses comezaron a inmunizar os maiores de 33 anos e prepáranse para facelo cos maiores e 18 a partir da semana que vén.

Noticias web

30/06/2021