CRTVG

Buscar

A vaga de frío deixa 200 millóns de estadounidenses baixo cero

Publicado o 30/01/2019 15:35

A masa de aire xeado en rotación, coñecida como vórtice polar, mantén uns 200 millóns de estadounidenses baixo cero. O temporal pode poñer algunhas zonas nos -53 graos centígrados e as autoridades xa advertiron de que estas condicións extremas supoñen unha ameaza seria para a saúde. De feito, unha persoa podería conxelarse en só 10 minutos. Os estados do medio oeste e da costa leste son os máis afectados pola que está a ser a vaga de frío máis intensa desde os anos 90.

En áreas como a de Chicago as compañías deron libre aos empregados e as escolas pecharon. En Iowa as autoridades mesmo aconsellaron a xente que de saír á rúa non respire profundamente e evite falar. Nas dúas Dacotas, en Minnesota, Iowa, Wisconsin, Illinois e Chicago superaranse récords de temperaturas. Nesta última cidade espérase un frío maior que en partes do Antártico.

 

Noticias web

30/01/2019